Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Expresión Artística Código 771G01041
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación
Expresión Gráfica Arquitectónica
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
estefania.lsalas@udc.es
Profesorado
Fraga Lopez, Francisco Javier
López Salas, Estefanía
Correo electrónico
javier.fraga@udc.es
estefania.lsalas@udc.es
Web http://artistica.udc.es
Descrición xeral Esta asignatura ten un dobre obxectivo:

1) Dotar ó alumnado da capacidade suficiente para debuxar á man alzada (bocetar), entendendo esta capacidade como básica e necesaria para o seu desenvolvemento no entorno profesional do deseño industrial.

2) Acadar que o alumnado adquira os coñecementos fundamentais que lle permitan afrontar a análise das formas (no obxeto industrial) por medio do debuxo a man alzada.

Paralelamente a estes obxetivos o alumnado irá tomando coñecemento do deseño industrial a través de exemplos seleccionados nos que se apoia tanto a docencia teórica como as prácticas a realizar.

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A2 Capacidade de comprensión da dimensión social e histórica do Deseño Industrial, vehículo para a creatividade e a búsqueda de solucións novas e efectivas.
A3 Necesidade dunha aprendizaxe permanente e continua (Life-long learning), e especialmente orientada cara os avances e os novos produtos do mercado.
A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
A5 Identificar, formular e resolver problemas de enxeñaría.
A6 Formación amplia que posibilite a comprensión do impacto das solucións de enxeñaría nos contextos económico, medioambiental, social e global.
A7 Capacidade para deseño, redacción e dirección de proxectos, en todas as súas diversidades e fases.
A8 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
A9 Capacidade para efectuar decisións técnicas tendo en conta as súas repercusións ou costes económicos, de contratación, de organización ou xestión de proxectos.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B3 Aprender a aprender. Capacidade para comprender e detectar as dinámicas e os mecanismos que estruturan a aparición e a dinámica de novas tendencias.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B5 Resolver problemas de forma efectiva.
B6 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
B9 Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo.
B10 Capacidade de organización e planificación.
B11 Capacidade de análise e síntese.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
SISTEMAS DE REPRESENTACION: Comprensión ou coñecemento dos sistemas de representación e a súa relación cos procedementos de ideación gráfica e de expresión visual nas distintas fases do deseño. A4
A6
A7
A8
B2
B5
B6
B9
B10
B11
C3
C6
C7
ANÁLISE DE FORMAS: Comprensión ou coñecemento das leis da perspectiva, da teoría de sombras e valoración tonal e a aptitude ou capacidade da súa aplicación ós procedementos de estudo fenomenolóxico e analítico das formas. A1
A4
A5
A7
A8
B2
B3
B5
B6
B9
B10
B11
C6
TEORÍA DA COR: Comprensión ou coñecemento das distintas teorías da cor e a súa aplicación ó deseño industrial. A1
A7
A8
B3
B5
B6
B9
B10
C6
IDEACION GRÁFICA: Aptitude ou capacidade para concebir e representar a figura, a cor, a textura e a luminosidade dos obxectos e dominar a proporción e as técnicas de debuxo a man alzada e bocetado, así como a representación e o acabado final. A1
A2
A3
A4
A7
A8
A9
B2
B3
B4
B5
B6
B9
B10
B11
C3
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
01. O DEBUXO COMO LINGUAXE 1.1. Introducción ó debuxo. Xeralidades.
1.2. O debuxo como linguaxe.
1.3. Niveles de representación.
02. OS SISTEMAS DE REPRESENTACIÓN E A SÚA APLICACIÓN Ó DESEÑO 2.1. Proxección e sección: invariantes e características.
2.2. Os sistemas de representación.
2.3. Clasificación de sistemas e aplicación ó deseño industrial.
03. A PERSPECTIVA LINEAL 3.1. Conceptos de perspectiva lineal.
3.2. Representación do punto, a recta e o plano.
3.3. Perspectiva central e oblicua con raios visuais.
04. DEBUXO A MAN ALZADA E BOCETADO 4.1. Conceptos de debuxo a man alzada.
4.2. Nocións de encaxe e proporción.
4.3. Técnicas de bocetado. Debuxo do natural.
05. ANÁLISE DE FORMAS E VOLÚMENES 5.1. Masa e volumen.
5.2. Estudo do volumen elemental.
5.3. Estudo de formas complexas. Volúmenes relacionados.
06. SOMBRAS NA REPRESENTACIÓN GRÁFICA 6.1. Sombras de puntos e rectas.
6.2. Sombra propia, arroxada e autoarroxada.
6.3. Composición tridimensional.
07. CLAROOSCURO E VALORACION TONAL 7.1. Xeralidades
7.2. Graduación da claridade aparente e valoración tonal.
7.3. Líñas isófotas. Puntos e líñas brillantes.
08. TEORÍA DA COR E OS SEUS SISTEMAS DE CLASIFICACIÓN 8.1. Teoría da cor.
8.2. A interacción da color.
8.3. Psicoloxía da color aplicada ó diseño.
09. O DEBUXO COMO FERRAMENTA 9.1 Arte e representación gráfica.
9.2 Desenvolvemento gráfico da idea.
9.3 A presentación final do deseño.
10. A COMPOSICIÓN E O CONTEXTO 10.1 Composición e soporte.
10.2 Incorporación da figura humán.
10.3 Incorporación de texto.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Actividades iniciais A6 B2 B3 B6 B9 C3 C6 C7 2 0 2
Sesión maxistral A4 A6 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 C3 C6 C7 12 0 12
Obradoiro A1 A2 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C3 C7 C8 21 60.9 81.9
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C7 C8 3 47.1 50.1
Proba obxectiva A4 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 2 0 2
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Estas actividades lévanse a cabo antes de iniciar o proceso de ensinanza-aprendizaxe, co fin de coñecer as competencias, intereses e/ou motivacións que posee o alumnado para o logro dos obxectivos que se queren acadar, vencellados á asignatura. Con elas preténdese obter información relevante que permita artellar a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativos, que partan dos saberes previos do alumnado.
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais expoñense os contidos teóricos da asignatura e os desenvolvementos prácticos fundamentais baseándose no emprego da palabra e apoiándose fundamentalmente na imaxe, con presentacións dixitais e debuxos na pizarra, como vías principais de transmisión da información.
Obradoiro Nos obradoiros semanais búscase que o alumnado poña en práctica os coñecementos adquiridos, a través dunha serie de exercicios propostos polo profesorado, co seu apoio e supervisión permanente durante o tempo da clase.
Traballos tutelados Os traballos tutelados son unha metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes fóra da aula, baixo a tutela do profesorado. Ó longo do cuadrimestre iránse propoñendo ó alumnado unha serie de enunciados xenéricos, para que os desenvolva pola súa conta e os entregue ó finalizar a asignatura. O horario semanal de titorías permitirá facer o seguimento e tutela destes traballos, de modo voluntario.
Proba obxectiva Utilízase como proba individual para a avaliación final da aprendizaxe, permitindo avaliar a capacidade e destreza adquirida ó longo da asignatura.

Atención personalizada
Metodoloxías
Obradoiro
Traballos tutelados
Descrición
No horario de titorías, o profesorado, de xeito individual ou en pequenos grupos, atenderá ás necesidades e consultas do alumnado relacionadas co desenvolvemento e/ou temas vinculados coa materia, proporcionándolle orientación, apoio e motivación no proceso de aprendizaxe. Tamén poderá realizarse de xeito non presencial para consultas específicas, a través de correo electrónico ou do Campus Virtual.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A7 A8 B2 B5 B6 B9 B10 B11 A proba obxectiva serve de control para avaliar a maduración final do alumnado ó término da asignatura. 50
Obradoiro A1 A2 A4 A5 A7 A8 B2 B3 B4 B5 B6 B10 C3 C7 C8 Avaliación das prácticas e traballos realizados na aula e/ou completados fóra. Estes traballos deben dar idea da maduración do alumnado na asignatura. É precisa a realización, en tempo e forma, dos traballos propostos para poder ser avaliado. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. 25
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A9 B2 B3 B4 B5 B6 B10 B11 C3 C7 C8 É unha parte fundamental da avaliación xunto cos traballos realizados no obradoiro. A súa elaboración coa mínima calidade esixible é indispensable para a súa consideración. Estes traballos non se devolverán ó alumnado. 25
 
Observacións avaliación

A presencialidade (asistencia) é imprescindible, tanto para a realización das prácticas e traballos de taller como para as clases teóricas. Unha asistencia inferior ó 80% pode comprometer a avaliación positiva na asignatura. Se a materia non se supera na primeira oportunidade, o alumnado deberá aportar novos traballos tutelados para poder optar á segunda.


Fontes de información
Bibliografía básica MARTIN, J. (1994). Aprender a abocetar. Barcelona: Naturart
EDWARDS, B. (2000). Aprender a dibujar con el lado derecho del cerebro. Barcelona: Blume
FERRER, R. (2014). Dibujo para diseñadores de muebles. Barcelona: Parramón
HENRY, K. (2012). Dibujo para diseñadores de producto. Barcelona: Promopress
JULIÁN, F.; ALBARRACÍN, J. (2005). Dibujo para diseñadores industriales. Barcelona: Parramón
CABEZAS, L. (2011). Dibujo y construcción de la realidad. Madrid: Cátedra
CHING, F. D.K. (1990). Drawing, a creative process. Nueva York: Wiley
LAMBERT, S. (1996). El dibujo técnica y utilidad. Barcelona: Blume
BÄRTCSHI, W. A. (1980). El estudio de las sombras en perspectiva. Barcelona: Gustavo Gili
KÜPPERS, H. (1995). Fundamentos de la teoría de los colores. Barcelona: Gustavo Gili
ALBERS, J. (1979). La interacción del color. Madrid: Alianza
PORTER, T.; GOODMAN, S. (1990). Manual de técnicas gráficas para arquitectos, diseñadores gráficos y artistas. Barcelona: Gustavo Gili
LAWSON, P. J. (1980). Perspectiva para dibujantes. Barcelona: Gustavo Gili
MAIER, M. (1982). Procesos elementales de proyectación y configuración. Barcelona: Gustavo Gili
HANKS, K.; BELLISTON, L. (1990). Rapid Viz. A new method for the rapid visualization of ideas. Ontario: Crisp Learning
DE GRANDIS, L. (1985). Teoría y uso del color. Madrid: Cátedra
NICOLAIDES, K. (1990). The natural way to draw. Boston: Mariner Books
WRIGHT, L. (1985). Tratado de perspectiva. Barcelona: Stylos

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Deseño Básico/771G01021
Historia da Arte e do Deseño/771G01038

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Expresión Gráfica/771G01015

Materias que continúan o temario
Técnicas da Expresión Artística Aplicada/771G01042

Observacións

O alumnado que participe en programas de mobilidade tanto saínte como entrante adaptaráse ás mesmas normas que ó resto do alumnado.

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable ambiental e social é recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. Asimesmo, débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías