Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Loxística Industrial Código 771G01045
Titulación
Grao en Enxeñaría de Deseño Industrial e Desenvolvemento do Produto
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Domínguez Feijóo, Gerardo
Correo electrónico
g.dominguez@udc.es
Profesorado
Domínguez Feijóo, Gerardo
Correo electrónico
g.dominguez@udc.es
Web http://https://moodle.udc.es/
Descrición xeral Esta materia vén a complementar o contido doutras materias que están relacionadas directa ou indirectamente con aspectos económicos e de xestión empresarial do deseño.
Como obxectivo principal desta está dotar o alumno daqueles coñecementos necesarios sobre a función da loxística na empresa que lle permita adquirir unha visión integral das políticas e técnicas máis actuais de cara a xestionar os fluxos de información e materiais nesta. Para iso, daranse a coñecer os principios básicos da loxística; as novas estratexias loxísticas que explican a evolución cara a un modelo integrador entre provedores e clientes; a xestión de compras, stocks...

Competencias do título
Código Competencias do título
A1 Aplicar o coñecemento das diferentes áreas involucradas no Plano Formativo.
A4 Traballar de forma efectiva como individuo e como membro de equipos diversos e multidisciplinares.
A8 Capacidade de usar as técnicas, habilidades e ferramentas modernas para a práctica da enxeñaría.
A10 Comprensión das responsabilidades éticas e sociais derivadas da súa actividade profesional.
B1 Capacidade de comunicación oral e escrita de maneira efectiva con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo para cuestionar a realidade, buscar e propoñer solucións innovadoras a nivel formal, funcional e técnico.
B4 Traballar de forma colaborativa. Coñecer as dinámicas de grupo e o traballo en equipo.
B5 Resolver problemas de forma efectiva.
B7 Capacidade de liderado e para a toma de decisións.
B10 Capacidade de organización e planificación.
B12 Comprensión das responsabilidades éticas e sociales derivadas da súa actividade profesional
C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía respectuosa coa cultura democrática, os dereitos humanos e a perspectiva de xénero.
C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
C6 Adquirir habilidades para a vida e hábitos, rutinas e estilos de vida saudables.
C7 Desenvolver a capacidade de traballar en equipos interdisciplinares ou transdisciplinares, para ofrecer propostas que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Traballar de forma colaboradora coas diferentes áreas da empresa implicadas no proceso de deseño e desenvolvemento do producto, cara a xestionar os fluxos de materiais e información nesta. A1
A4
A8
A10
B1
B2
B4
B5
B7
B10
B12
C4
C5
C6
C7
C8

Contidos
Temas Subtemas
1. Conceptos previos sobre a empresa Definición de empresa. Funcións da empresa. Tipos de empresas. Organización interna dunha empresa. O proceso de dirección dunha empresa. A produtividade nunha empresa.
2. Conceptos previos entorno á loxística O ámbito socioeconómico actual. Novos conceptos e novo enfoque. Evolución do concepto de loxística. A loxística no organigrama empresarial. A cadea ou rede loxística: os fluxos de materiais e produtos. Definición de loxística integral. Cadea de valor engadido. Os custos loxísticos.
3. Xestión de aprovisionamietos e compras A función de aprovisionamento. A función de compras. Busca e selección de provedores. Control e avaliación de provedores. Negociación de compras.
4. A xestión de Stocks Aspectos xerais da xestión de stocks. Clasificación operativa e funcional dos stocks. Concepto de rotación e cobertura. Cálculo da norma de stocks e tipos de stocks. Custos de stocks. Sistemas de reposición de stocks. Control de inventarios.
5. Organización e xestión de almacéns, distribución interna da mercadoría. Xestión de almacéns. Zonificación de almacéns. Automatización. Preparación de pedidos. Manipulación e elementos técnicos.
6. Expedición e entrega de mercadorías. Xestión do transporte. Distribución física e nivel de servizo: Distribución física. Unidades distribución. Planificación da distribución. Estratexias de distribución. Nivel de servizo. Tendencias de distribución. Programación de itinerarios e vehículos: Organización e transporte de mercadorías. Tipos de vehículos. Planificación de rutas. Programación de vehículos. Sistemas de carga e descarga. Control cadea de distribución. Custos de distribución.
7.O Just in Time na loxística Planificación xusto a tempo. Nivelado da produción. Sistema kamban. Redución de tempos de preparación e fabricación. Adaptación á demanda mediante flexibilidade. Control autónomo de defectos. Beneficios da implantación J.I.T.
8. Comercio electrónico e loxística. Sistemas de información. Redes e internet. Comercio electrónico e intranets. Novas oportunidades con tecnoloxía. Planificación de recursos empresariais (ERP). Tecnoloxías no traking. Os sistemas RFID. O EDI. Principais elementos dun sitio electrónico de venda. Ciclo integral de abastecemento electrónico.
9. O papel dos evases e embalaxes na función loxística. Definicións e funcións. Clasificación. Criterios de selección. Identificación. Deseño. Maquinaria empregada para envases e embalaxes.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A10 B10 B12 C4 C5 C6 C7 41 82 123
Traballos tutelados A4 B1 B2 B4 B7 C5 C8 0 23 23
Proba mixta A8 B2 B5 C6 1 0 1
 
Atención personalizada 3 0 3
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral,dos contidos da materia, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Os alunmos realizarán o longo do curso, polo menos un traballo tutelado.
Proba mixta Proba tipo test, proba obxectiva que consiste en formular una cuestión en forma de pregunta directa o afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida.

Atención personalizada
Metodoloxías
Sesión maxistral
Traballos tutelados
Descrición
A atención personalizada consistirá básicamente na realización de tutorias, tanto individuáis como en grupo, para resolver e aclarar calquer tipo de dubida relacionada coa materia e a realización dos traballos tutelados.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A8 B2 B5 C6 Proba tipo test 70
Traballos tutelados A4 B1 B2 B4 B7 C5 C8 Farase un traballo ao longo do curso, a decidir entre o profesor e os alumnos, podendo ser grupal ou individual, segundo a dinámica do curso ese ano. 30
 
Observacións avaliación

O “Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial
e dispensa académica de exención de asistencia” comunicarán ó inicio do curso a
súa situación os profesores da materia, segundo establece a "Norma que
regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC” (Art.3.b
e 4.5) e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario (Art. 3 e 8b).

O alumnado nesta situación será evaluado na data aprobada na
Xunta de Escola, mediante una proba obxectiva sobre os contidos do paso 3 da
Guía,  e un traballo a consensuar cos profesores da materia.


Fontes de información
Bibliografía básica Bureau Veritas formación (2011). Logística Integral. Fundación Confemetal
Ronald H. Ballou (2004). Logística. Administración de la cadena de suministro. .

MIT OpenCourseWare. Logistics Systems. http://ocw.mit.edu/courses/engineering-systems-division/esd-260j-logistics-systems-fall-2006/ (Visita: 31/08/2010).

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Normativa e Lexislación/771G01035

Materias que continúan o temario
Proxecto Fin de Grao/771G01027
Aspectos Económicos e Empresariais do Deseño/771G01033
Xestión da Calidade/771G01044

Observacións
Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol":
1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:
1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático
1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos
1.3. De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías