Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 A30 A31 B1 B2 B3 B4 A cualificación das prácticas representa un 20% da cualificación global. Valorarase tanto a memoria entregada coma a actitude e o traballo desenvolto no laboratorio. Para poder superar a materia é preciso obter unha cualificación mínima de 4 nesta parte.
20
Traballos tutelados A26 B1 B2 B3 B4 A cualificación dos traballos tutelados representa un 20% da cualificación global. Valoraranse tanto o cuestionario co traballo previo, coma o traballo levado a cabo na tutoría e as cuestións propostas ao final da misma.
20
Proba obxectiva A26 B1 B2 B3 B4 A proba obxectiva constará de varios exercicios prácticos ou teoríco-prácticos similares aos realizados nos seminarios e nas titorías. Non se poderá superar a materia cunha cualificación inferior a 4 na proba obxectiva, aínda que a cualificación global sexa igual ou superior a 5.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario obter unha cualificación global superior ou igual a 5 puntos (sobre 10), en calquera das dúas oportunidades (xaneiro e xullo). Non poderán superar a materia aqueles alumnos que teñan menos dun 4 (sobre 10) na proba obxectiva ou nas prácticas de laboratorio.


A realización das prácticas de laboratorio é obrigatoria para poder superar a asignatura. Os alumnos que obtiveran unha cualificación superior a 4 nas prácticas realizadas no curso 2014-15, non terán obriga de realizar novamente as prácticas e se lles gardará a cualificación obtida. Estes alumnos poden, se o desexan, realizalas prácticas e ser evaluados novamente. Tódolos demáis alumnos que non tiveran realizado as prácticas ou o fixeran en cursos anteriores ó 2014-15 terán que realizalas obrigatoriamente.


Na primeira e na seguna oportunidade, os alumnos que realizaran as prácticas e obtiveran menos dun 5, poderán realizar, ademáis da proba obxectiva, unha proba específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica sustituirá á cualificación obtida nas prácticas á hora de facela cualificación global.


Os alumnos que non participaran nos traballos tutelados obterán unha cualificación de 0 neste apartado nas dúas oportunidades de xaneiro e xullo. Na segunda oportunidade de xullo, para facer a cualificación global, manteráse a cualificación obtida durante o curso neste apartado.


Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas (prácticas e traballos tutelados) e non se presenten á proba obxectiva.