A especialidade de Dereito ambiental ten como finalidade transmitir aos alumnos/as os coñecementos, competencias e habilidades precisas para asesorar as empresas en materia de Dereito e xestión ambiental. Durante a duración da especialidade, estudaranse as bases do Dereito ambiental comunitario, estatal, autonómico e local, a organización administrativa ambiental e a distribución de competencias entre os distintos entres e órganos con responsabilidades nesta materia. En segundo lugar, traballaremos, desde unha perspectiva tanto teórica como práctica, o instrumentos preventivos, represivos, de reparación, de xestión ambiental e de participación pública. Abordaremos polo tanto as esixencias obrigatorias e os incentivos económico e de mercado que afectan á instalación, funcionamento e peche dunha actividade potencialmente contaminante. As explicacións teóricas irán acompañadas da celebración de seminarios, talleres prácticos e visitas a organización e instalacións industriais, que permitirán ao alumno ter unha perspectiva aplicada sobre o coñecementos teóricos impartidas nas aulas. En terceiro e último término, realizarase un estudio da parte sectorial do Dereito ambiental no que se analizará o Dereito ambiental da loita contra a contaminación industrial (aguas, atmósfera, residuos, etc.) e o referido a protección do medio natural, facendo especial fincapé no estudo do réxime xurídico derivado da loita contra ao cambio climático global.
As clases serán impartidas por profesores universitarios, avogados de recoñecido prestixio, responsable políticos e técnicos das administracións públicas, consultores ambientais e xestores ambientais de empresas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías