Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Consistirá na exposición e explicación por parte do profesor dos conceptos fundamentais de cada tema, e os desenvolvementos teóricos relacionados.
Seminario Consisten en sesións interactivas (grupo reducido) nas que o profesor plantexa exemplos concretos relacionados coas sesións maxistrales. Realizarase o estudo de casos e fomentarase o debate entre os alumnos e o manexo de diversa documentación científica.
Traballos tutelados En sesións de grupo reducido o alumno terá que resolver, de forma individual ou grupal, os problemas plantexados polo profesor. O alumno presentará por escrito os resultados do traballo, para avaliación posterior.
Proba mixta Examen final no que se inclúen preguntas tipo test e exercicios prácticos. Preténdese avaliar os coñecementos adquiridos polos alumnos, así coma a súa capacidade de razoamento, síntese e espíritu crítico.