Metodoloxías
Sesión maxistral
Estudo de casos
Solución de problemas
Proba mixta
Descrición
Tutorías programadas polo profesor e coordinadas polo Centro. En xeral, suporán para cada alumno 2 horas. Estarán orientadas fundamentalmente á resolución de dúbidas, tanto no referido á materia impartida nas clases maxistrais como, sobre todo, a aquelas que xurdan ao alumno durante a preparación dos problemas e estudos de caso que non poidan ser resoltas nas clases de grupo reducido
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica para a atención titorial que se concretará nos seguintes aspectos:
A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
A petición do alumno e nun horario da súa conveniencia, proporáselle traballo específico en forma de boletíns de problemas representativos das competencias da materia. O alumno resolverá devanditos boletíns de forma individual e, de novo, acudirá a tutoría para resolución de dúbidas e corrección dos mesmos.