Datos Identificativos | 2016/17 | |||||||||||||
Asignatura | Química Orgánica 2 | Código | 610G01027 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 B4 B7 C1 | Avaliarase a asistencia, a participación e a calidade das exposicións orais e as solucións escritas dos problemas encomendados. Prestarase especial atención ao emprego da nomenclatura adecuada para os grupos funcionais dos compostos e os procesos de reacción, asi como a claridade e concreción das explicacións e respostas ás cuestións. | 15 |
Prácticas de laboratorio | A1 A9 A17 A19 A20 A23 A26 B3 B4 B7 C1 | A realización das prácticas é necesaria para aprobar a materia. A avaliación das prácticas será continua e valorarase a actitude, o traballo realizado no laboratorio e o caderno de laboratorio. |
15 |
Proba mixta | A1 A4 A6 A9 A10 A14 A15 A21 B2 B3 C1 | Co propósito de avaliar a adquisición de coñecementos e competencias realizarase unha proba final (de acordo co calendario establecido no Centro). Nesta proba exporanse problemas e cuestións relativas aos contidos da materia, análogos aos realizados durante as sesións presenciais durante o curso. |
70 |
Observacións avaliación | |||
A asistencia a todas as actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba mixta) é necesaria para superar a materia. Por iso, facilitarase a todos Para aprobar a materia será preciso obter na proba mixta unha nota igual ou superior ao 4 e conseguir, sumadas as cualificacións de todas as actividades avaliables, unha nota mínima de 5 sobre 10. Por tanto, para os alumnos cunha nota media igual ou superior a 5 que non alcanzasen a cualificación de 4 na proba mixta, a materia figurará como Suspensa, cunha nota de 4,5 na acta. Unha vez finalizada a proba mixta da 1ª oportunidade, os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións de taller, co obxectivo de reevaluar a cualificación dos talleres. En caso de non superar a materia na 1ª oportunidade, a cualificación das prácticas de laboratorio conservarase na 2ª oportunidade. A cualificación da proba mixta da 2ª oportunidade substituirá á obtida na proba mixta da 1ª oportunidade. A cualificación dos talleres obtida na 1ª oportunidade poderase conservar na 2ª oportunidade ou, de maneira alternativa, unha vez finalizada a proba mixta da 2ª oportunidade, os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións do taller, co obxectivo de reevaluar a cualificación dos talleres. Os alumnos avaliados na 2ª oportunidade só poderán optar á Matrícula de Honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa totalidade na primeira oportunidade. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou de modalidades específicas de aprendizaxe ou de apoio á diversidade a realización dos talleres e as prácticas de laboratorio será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. De maneira excepcional, cando os alumnos non puidesen completar as prácticas de laboratorio por razóns debidamente xustificadas, para non prexudicar a súa cualificación, a proba mixta (tanto na 1ª como na 2ª oportunidade) incluirá cuestións relativas ás prácticas de laboratorio e contribuirá nun 85% á nota final. Ademais, unha vez finalizada a proba mixta (tanto na 1ª como na 2ª oportunidade), os alumnos que o desexen poderán realizar a continuación un exercicio oral, con actividades análogas ás desenvolvidas nas sesións de taller, co obxectivo de reevaluar os talleres (15% da nota final). Polo que se refire aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que sexan programadas para o devandito curso. A este respecto, as prácticasde laboratorio poderanse convalidar de acordo coa normativa establecida no Centro. |