Datos Identificativos | 2017/18 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura e outras Linguaxes Artísticas | Código | 613584114 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Optativa | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Seminario | A14 A12 A9 A8 A7 A5 A4 A3 A2 A1 B4 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 | Traballo participativo, de intercambio e debate, que xunto á asistencia, permite valorar o aproveitamento e evolución, a dinámica individual na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. | 30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A8 A9 A12 B4 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 | Asistencia a actividades locais de carácter artístico e cultural relacionadas coa materia do curso e acordadas previamente co profesor. Dará lugar a un informe escrito por parte do estudante. | 20 |
Proba oral | A1 A2 A3 A4 A5 A14 A7 A8 A9 A12 B4 B6 B7 B8 B10 C2 C3 C4 C5 C8 C9 | Proba oral final, concebida como a exposición dun traballo de carácter individual, avaliable, para demostrar os coñecementos e destrezas adquiridos no transcurso das aulas. Terá carácter público e será obxecto de debate na aula. | 50 |
Observacións avaliación | |||
Por esixencias do deseño desta aplicación, as anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao seguinte reparto porcentual: 1. O 50% da cualificación final obterase pola proba oral que cada estudante realizará ao finalizar o curso. A proba consistirá na elaboración e posterior defensa na aula dun traballo orixinal, tutelado polo profesor. En todo caso, para aprobar a materia deberase obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba que, como se ve, en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 na proba oral non se compensaría cunha suma de 7 polo resto de actividades e por asistencia e participación.) A proba, de carácter público, forma parte das actividades realizadas no curso. 2. O 30% obterase pola asistencia activa e a realización de actividades concretas, debates e traballo en grupo durante o curso. Observaranse o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. 3. O 20% restante corresponde á asistencia a conferencias ou seminarios ou ben á visita activa a exposicións, todo isto relacionado coas materias do curso e sempre como actividades acordadas previamente co profesor. Esta actividade deberá tomar forma final como traballo escrito en modo de reseña. 4. A cualificación final en cada unha das dúas convocatorias será froito dunha avaliación semellante. Enténdese que calquera actividade que acade unha cualificación de 4 na primeira convocatoria fica exenta de recuperación para a segunda. 5. O alumnado será avaliado e cualificado sempre que acuda á proba oral. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado (N. P.) aquelas persoas non presentadas a esta proba. 6. Non obstante o anterior, o alumnado con dispensa académica recoñecida deberá comunicar por escrito ao profesor a súa situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse, dentro da normativa académica vixente, as actividades alternativas que se determinen. 7. Calquera traballo, oral ou escrito, debe ser orixinal ou citar debidamente as fontes utilizadas. O plaxio demostrado, ou o uso de citas sen marcar e sen a correspondente referencia, determinará o suspenso inmediato para o alumno ou alumna. |