O prácticum do mestrado leva consigo 150h. de traballo, das que o 50% é a realizar no centro (75h) e o outro 50% é para traballar na memoria. Como norma xeral, o prácticum realizarase entre os meses de xaneiro e abril, é supón como promedio 8h semanais, se ben pode adecuarse o horario ás necesidades e organización do centro.
O propósito central da materia denominada Practicum non será só poñer en relación a formación adquirida cos diferentes contextos profesionais propios do ámbito educativo ou socioeducativo do século XXI, para facilitar que o estudantado tome conciencia dos aspectos básicos das prácticas profesionais. Tamén se lle asignará un papel chave na formulación de problemas e cuestións importantes necesarias á hora da investigación, co obxecto de situar a práctica profesional no centro ou institución e como elemento para ter en conta na organización do currículo. Trátase de que a reflexión sobre a práctica converta esa experiencia en fonte de aprendizaxe, incremente a capacidade de aprender con autonomía e potencie a aprendizaxe reflexiva para avanzar na construción do propio coñecemento, tomar decisións, innovar, buscar recursos e traballar en rede, competencias básicas nestre mestrado que responden ás esixencias da educación do século XXI.
Polo tanto, este módulo profundiza na formación para a dirección e xestión de centros educativos e equipamentos socioeducativos, a través do desenvolvemento de compentecias específicas e prácticas do liderazgo. Procuraráse adquirir unha visión de conxunto de desenvolvemento da dirección de institucións educativas, así como das labores inherentes nela
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías