A materia de Historia da Educación ten carácter de formación básica e impartese no segundo cuadrimestre do primeiro curso do Grao de Educación Primaria.
A natureza desta materia, en interrelación con outras que tamén forman parte do plan de estudios deste Grao, constituie un marco de referencia para a práctica docente ao posibilitar a abordaxe do pensamento pedagóxico contemporáneo mediante o estudio dos movementos máis significativos e que maior trascendencia teñen acadado na práctica educativa actual. Asimesmo, son contidos importantes para os futuros mestres e mestras tanto a evolución histórica do sistema educativo e da educación primaria en España como a perspectiva histórica da formación do profesorado.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías