Esta materia ten como obxectivo que o futuro profesorado adquira competencias que lle permitan identificar e planificar a súa práctica educativa dende a perspectiva de atención á diversidade de necesidades, potencialidades, intereses individuais e colectivos de TODO O ALUMNADO, dende unha perspectiva inclusiva. Enténdese a diversidade como unha oportunidade de aprendizaxe. Por este motivo, é necesario identificar os elementos didácticos e organizativos que poden confluir no desenvolvemento de unha proposta pedagóxica. A partir de aí, trátase de buscar, analizar, utilizar metodoloxías, estratexias didácticas máis axeitadas a cada persoa, colectivo e contexto educativo, así como organizar ditos elementos didácticos para que todo o alumnado poida aprender conxuntamente de acordo coas súa características e condicións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías