Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica. O 60% da nota depende das prácticas de clase, asistencia e participación e, o 30%, do traballo grupal obrigatorio.
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
90
Presentación oral A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
10
 
Observacións avaliación
Avaliación continua.

O 60% da nota depende das prácticas de clase, a asistencia e a participación e, o 30%, do traballo grupal obrigatorio. A presentación oral sobre o traballo grupal obrigatoria valerá o restante 10% da nota.

Avaliación non continua.


Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán porse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.

Segunda oportunidade.

Para aprobar a materia en segunda oportunidade será necesario aprobar un exame (de preguntas breves e de desenvolvemento e cunha parte práctica) que valerá o 100% da nota e que terá lugar na data oficial estipulada pola UDC.