Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Proba mixta A5 B1 C1 C7 Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
30
Portafolios do alumno A5 B1 B2 C1 C7 As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, simulación, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional) e índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrucción da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

O profesorado realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
70
 
Observacións avaliación
ALUMNADO ASISTENTE: As condicións da avaliación sinaladas, fíxanse para o alumnado asistente a clase.
- Considerarase alumnado asistente a aquel que presente, como máximo un 20% de faltas de asistencia durante o curso; por iso, o profesorado poderá solicitarlle ao alumnado que asine unha folla tanto á entrada como á saída.
- O alumnado poderá xustificar as súas faltas de asistencia.
- O alumnado deberá acadar o 50% da nota en cada una das metodoloxías de avaliación sinaladas; isto é, un 3.5 sobre 7 na proba mixta, un 1.5 sobre 3 no portafolio.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo iso suporá unha reducción de ata1 punto sobre a nota obtida.
ALUMNADO NON ASISTENTE: O alumnado que non forme parte de ningún grupo, non realice a proposta de proxecto investigador ou non asista regularmente ás clases, considerase alumnado non asistente.
O alumnado non asistente:
- Terá que presentar a proposta de proxecto investigador que serán valoradas co 20% da cualificación final da materia; isto é, 2 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1 punto). O prazo máximo de entrega será a semana seguinte de finalizar as clases.
Como consideración xeral, terase especialmente en conta as deficiencias e faltas ortográficas, así como unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, etc. Todo iso suporá unha reducción de ata1 punto sobre a nota obtida.
- Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 80% da nota final; isto é, 8 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4 punto).
ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: A UDC regula a matrícula de estudantes a tempo parcial, criterios que tamén serán tidos en conta polo profesorado, polo que será necesario que o alumnado con este tipo de réxime de dedicación, solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando una tutoría na que lle informará sobre a maneira na que se desenvolverá o proceso de ensino-aprendizaxe. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación: