Descrición xeral |
A formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos que permitan o desenvolvimento da súa actividade profesional con
sujeción ás normas deontolóxicas e estatutarias. Os obxectivos desta área informarán o resto dos contidos do máster
Obxectivos: coñecer os principios e normas deontolóxicas que rexen a profesión. coñecer en detalle o conxunto de obrigacións e dereitos derivados da colegiación e do exercicio da profesión.
coñecer o réxime disciplinario e sancionador.
Habilidades: detectar situacións deontologicamente relevantes.
Actitudes: apreciar os beneficios que reportan para a sociedade e a avogacía os principios éticos e deontolóxicos da profesión de avogado. Cumprir cos principios e normas deontolóxicos.
manter un estrito ton profesional en todas as actuacións, utilizar unha linguaxe respectuosa nas actuacións e indumentaria adecuada.
TÉCNICAS TRANSVERSAIS:
A formación nesta área ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos referentes ás técnicas para construír un discurso claro e convincente. o seu contido
informará o resto das materias.
1. Técnicas de comunicación:
Obxectivos: Habilidades: Expresarse correctamente de forma verbal e mediante xestos e actitudes. Controlar a dicción, volúmen e modulación do discurso. Descubrir os delatores de nervios e os
indicadores de inseguridade. Traballar a capacidade de comunicarse con claridade
Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado son un instrumento de persuasión ao servizo dos intereses que defende. Apreciar a conveniencia de adecuar a postura
física para facilitar unha dicción correcta. Ser conscientes do impacto do compoñente verbal, vocal e non verbal na comunicación. Reflexionar sobre a importancia da comunicación como habilidade
que se pode adestrar.
2. Oratoria forense:
Obxectivos: coñecer as técnicas do informe oral e o interrogatorio. Coñecer a terminoloxía xurídica máis usual. Coñecer os sistemas e medios dos que debe valerse o avogado para crear convicción
na súa mensaxe. Coñecer os distintos tipos de linguaxe segundo a materia. Coñecer a forma de informe e actuación forense ante o tribunal do xurado.
Habilidades: argumentar oralmente con precisión e claridade. Aplicar as técnicas de persuasión, claridade e comprensión. Aplicar as técnicas de interrogatorio. Ser capaz de adecuar a distinta postura
procesual ao tipo de discurso. Ser capaz de improvisar e reaccionar oralmente ante trámites ou alegacione inesperadas. Aplicar as técnicas de expresión oral. Aplicar os distintos estilos e protocolos en
estrados.
Actitudes: asumir que as técnicas de comunicación que utiliza o avogado/a son un instrumento de persuasión. Adoitarse a informar e interrogar con claridade e precisión.
3. Escritura forense e técnicas documentais.
Obxectivos: coñecer as técnicas de redacción e presentación de documentos. Coñecer os distintos tipos de redacción de cartas, informes e ditames. Coñecer a utilidade das escrituras notariais e
a intervención do avogado. Coñecer a idoneidade para cada caso dos distintos tipos de documentos.
Habilidades: ser capaz de elaborar distintos tipos de cartas e documentos. Aplicar cada tipo de documento á finalidade requirida. Identificar os documentos para a súa utilización posterior ante os
tribunais. Redactar documentos de todo tipo: elaboración de interrogatorios, peticións, aclaracións, subsanación de erros.
Actitudes: valorar o tipo de documento que é necesario utilizar en cada caso. Valorar a idoneidade dos distintos documentos para o fin perseguido. Adquirir o hábito de redactar aplicando
correctamente formato e presentación.
4. Xestións profesionais.
Obxectivos: coñecer as técnicas e estratexias para canalizar un asunto. Valorar as opcións de acción xudicial e a súa implicación custo-tempo. Coñecer os medios de obtención de datos en distintos
organismos. Coñecer as técnicas de negociación e resolución alternativa de conflitos. Coñecer os expedientes de arbitraxe.
Habilidades: aplicar as técnicas para a análise de problemas e a toma de decisións profesionais. Saber identificar o tipo de conflito e derivalo cara ao método de resolución máis adecuado.
Aplicar as técnicas de entrevista cos clientes e os contrarios. Aplicar as técnicas de negociación e resolución de conflitos.
Actitudes: perder o medo á toma de decisións profesionais. Manter unha adecuada relación e comunicación co cliente. Adquirir o hábito de manter informado o cliente. Apreciar a
conveniencia de propiciar unha solución negociada ao conflito. Apreciar a conveniencia dunha solución negociada ao conflito.
|