A materia tenta proporcionar unha comprensión global dos fundamentos históricos, políticos e científicos da paradigma dominante no pensamento xurídico contemporáneo, así como unha comprensión máis profunda do fundamento dalgunhas nocións, institucións, procesos e estruturas centrais estudados ao longo da carreira, unificando e sintetizando eses coñecementos; neste sentido, aspira a efectuar un traballo de síntese e de profundización, tanto histórica como conceptual. Ademais, preténdese introducir aos estudantes no coñecemento e a comprensión das transformacións que afectan ao dereito actual e que obrigan a revisar a paradigma dominante constituído polo positivismo xurídico, e introducirlles nas liñas básicas dunha filosofía xurídica aceptable para o momento presente.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías