Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Letras
Coordinación
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
e.morales.lopez@udc.es
Profesorado
López Viñas, Xoán
Morales Lopez, Esperanza
Correo electrónico
xoan.lopezv@udc.es
e.morales.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxecto desta materia é proporcionar ao estudantado unha visión das distintas vertentes e metodoloxías presentemente dominantes na investigación lingüística, ben como o treinar para o uso dalgúns dos instrumentos metodolóxicos básicos dentro dunha orientación específica. Concretamente, os obxectivos da materia son: (a) Coñecer as principais correntes teóricas sobre o estudo da linguaxe.
(b) Analizar e interpretar textos de teoría lingüística aplicando diferentes modelos teóricos.
(c) Diferenciar os principais modelos lingüísticos e a súa fundamentación epistemolóxica.
(d) Desenvolver habilidades para a análise crítica das liñas fundamentais no estudo das linguas desenvolvidas nos séculos XX e XXI.
(e) Coñecer as técnicas que integran a metodoloxía actual de investigación lingüística como parte do método científico.
(f) Adquirir as bases metodolóxicas, terminolóxicas e teóricas de procedementos de análises lingüísticas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías