| Descrición xeral |
O TFM ten como obxectivo principal a análise, deseño, implementación e validación
dun proxecto, realizado de forma individual, relacionado coa Computación de Altas Prestacións e no que se salienten algunhas das competencias adquiridas. Poderase desenvolver nunha empresa ou entidade con acreditada experiencia en proxectos de I+D+i, sendo cotutelado por un profesional do ámbito. O proxecto debe integrar en calquera caso compoñentes de innovación que vaian máis aló da mera paralelización dunha aplicación. O TFM debe promover a achega de valor engadido por parte do estudante en proxectos innovadores, e a súa relación directa co mercado de traballo ou con algún aspecto de investigación. |