Preténdese orientar o estudantado na práctica da reflexión fundamentada e no descubrimento de novas interrogantes que lles permitan obxectivar algúns dos elementos sociais que contribúen á xenerización da cultura considerada común, e tomar así conciencia do grao de coerción e/ou consentimento das relacións sociais en función da variable xénero. Defenderase a necesidade de apropiarse deste marco teórico-crítico, de carácter sociohistórico, para o deseño e desenvolvemento de proxectos sociais realmente coeducativos, isto é, que aporten razóns sobre a urxente necesidade de incorporar os saberes feministas á práctica profesional e tamén á vida cotiá, e contribuír así a reducir as diferentes fendas de xénero e a camiñar cara a sociedades máis inclusivas e xustas
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías