Sector Audiovisual ofrece ao alumno os coñecementos específicos sobre o funcionamento institucional, económico e político do sistema audiovisual e dos actores que o integran (administración, empresas, soportes e audiencias). Preténdese unha aproximación ao sector audiovisual como industria.
Os profesionais da comunicación audiovisual necesitan saber como operan e interrelaciónanse os medios, as tecnoloxías e os produtos nun campo de actividade económica de crecente peso e influencia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías