Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Gonzalez Harguindey, Javier
Correo electrónico
javier.harguindey@udc.es
Profesorado
Gonzalez Harguindey, Javier
Sánchez Iglesias, Santiago
Correo electrónico
javier.harguindey@udc.es
santiago.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral
ESTA ASIGNATURA TIENE EXTINGUIDA SU DOCENCIA PRESENCIAL DE ACUERDO CON EL CRONOGRAMA DE IMPLANTACIÓN DE LA TITULACIÓN DE GRADO EN ESTUDIOS DE ARQUITECTURA.
MARCO CURRICULAR
Co termo Arquitectura Legal entendeuse tradicionalmente a formación en dereito dos profesionais que proxectan e executan obras de edificación e interveñen no campo do urbanismo. Esta formación proporciona o coñecemento das normas que rexen a súa actividade e o propio resultado da mesma.
A formación é compartida polos Departamentos de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo e o Departamento de Construcións Arquitectónicas, a materia tratará de enfocar os temas desde a comprensión do espazo construído polo home, as súas orixes e organización en especial desde o punto de vista da realidade actual do territorio galego.
OBXECTIVO
A materia pretende ser unha aproximación á compresión do marco legal no que se desenvolve a profesión de arquitecto desde a edificación e o urbanismo ata a ordenación do territorio. Preténdese introducir ao alumno na terminoloxía, conceptos e leis organizadoras da que será a súa práctica profesional no futuro.
O obxectivo da materia é dotar ao alumno dos coñecementos teóricos e prácticos básicos necesarios para a elaboración, avaliación e execución de proxectos arquitectónicos, plan urbanístico que complementes a formación desenvolvida noutras materias da carreira, como culminación na formación do alumno a nivel universitario de segundo ciclo previo á súa incorporación ao mundo laboral.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías