Nesta materia consolidarase a elaboración da metodoloxía proxectual individual de cada alumno, permitíndolle comprobar como o achegamento ao proxecto baixo unha perspectiva disciplinar permite abordar programas moi diversos en canto a escala e complexidade. Neste cuatrimestre reflexionarase sobre o papel do edificio con respecto á súa contorna, de tal xeito que se pondere a influencia do mesmo en condicións que van desde a intervención nun conxunto urbano consolidado e con interese patrimonial a un área en desenvolvemento na periferia urbana e sen elementos construídos que a caractericen.
Así mesmo, traballarase sobre o concepto do uso colectivo, os espazos comúns e de relación e as condicións de privacidade, as circulacións, os espazos de acceso e reunión, os aspectos de representatividade e imaxe, o carácter dos espazos exteriores, pavimentos, axardinamento, patios, iluminación das estancias, etc.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías