Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
jose.vmosquera@udc.es
Profesorado
Gallego Picard, Pablo
García Fontán, Cristina
Vazquez Mosquera, Jose Manuel
Correo electrónico
pablo.gallego@udc.es
cristina.garcia.fontan@udc.es
jose.vmosquera@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia é un achegamento á comprensión do espazo construído polo home e da forma coma expresión da súa organización reflexionando sobre as causas que as xeran.
Presupón a importancia do análise, desenvolvendo aproximacións a unha metodoloxía do seu estudo, inculcando a esixencia do rigor e da busca de creatividade o longo deste proceso. A expresión gráfica, o dibuxo, coma forma de coñecemento,de expresión e coma intento de romper ca dicotomía entre clases teóricas e prácticas.
No estudo da forma do territorio, incídese na comprensión da súa dinámica a través do análise das súas transformacións entendendo a construción do espazo coma un proceso.
O enfoque é a partir do espazo do home de hoxe. Dunha aproximación á comprensión da paisaxe actual. Dende o presente da cidade de hoxe, dos procesos de construción do territorio actual e das súas respostas ca arquitectura, dende onde procedemos á reflexión sobre os cambios que se producen, valorando o seu pasado inmediato.
Desenvólvense clases sobre o coñecemento do soporte territorial e as discusións que sobre a cidade se produciron a partir do Movemento Moderno e que foron claves na comprensión teórica da cidade, do espazo construído polo home, buscando o que de común ten o discurso da paisaxe actual co da arquitectura de hoxe.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías