Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A3 |
Ser capaz de avaliar a competencia curricular nas distintas áreas relacionadas coa comunicación. |
A5 |
Ser capaz de determinar as necesidades lingüístico-comunicativas dos distintos alumnos ou grupos de alumnos, definindo ámbitos de actuación prioritarios, así como o grao e a duración das intervencións a nivel comunicativo, as axudas e os apoios requiridos para promover a aprendizaxe dos contidos. |
A6 |
Ser capaz de acometer, directa ou en colaboración co resto do profesorado, a planificación, o desenvolvemento e a avaliación dunha resposta educativa de calidade para o alumnado con dificultades comunicativo-lingüísticas. |
A7 |
Coñecer, facilitar e intervir cos distintos sistemas alternativos e aumentativos da comunicación que contribúan a melloraras condicións de aprendizaxe e a calidade da comunicación. |
A8 |
Establecer os obxectivos e as etapas dos tratamentos educativos que aplica aos problemas relacionados coa comunicación e a linguaxe. |
A9 |
Aplicar os tratamentos educativos aos problemas da comunicación e da linguaxe cos métodos, as técnicas e os recursos mais eficaces e adecuados. |
A15 |
Detectar e analizar as posibles barreiras físicas para a aprendizaxe e a participación do alumnado no contorno do centro e nas súas instalacións, así como no seu contexto. |
A17 |
Participar eficazmente en procesos de mellora escolar dirixidos a introducir innovacións que promovan unha mellor resposta educativa á diversidade do alumnado. |
A19 |
Traballar colaboradora e cooperativamente co resto do profesorado, cos servizos psicopedagóxicos e de orientación familiar, e promover a mellor resposta educativa posible para cada caso. |
A22 |
Capacidade para recoñecer e respectar a diversidade e a multiculturalidade. |
A27 |
Capacidade para preparar, seleccionar, construír e utilizar materiais didácticos específicos, incorporando adecuadamente as tecnoloxías da información e da comunicación. |
B2 |
Resolver problemas e tomar decisións de forma efectiva. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa e espírito emprendedor. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B22 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
B25 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |