1. Analizar as repercusións dos diversos problemas da linguaxe no ámbito curricular en suxeitos inmersos no sistema educativo.
2. Adquirir os fundamentos e as destrezas didácticas para a intervención logopédica.
3. Saber incardinar o apoio logopédico dentro da estrutura complexa de apoios que precisan as persoas que atopan problemas no seu proceso de desenvolvemento persoal.
4. Coñecer e aplicar a teoría curricular como marco de resposta ás necesidades educativas especiais do alumnado no ámbito lingüístico.
5. Adquirir as destrezas e identificar as variables que o asesoramento e apoio logopédico poden achegar no proceso de deseño e desenvolvemento das adaptacións curriculares.
6. Coñecer e practicar o traballo en equipo e interdisciplinar como un instrumento eficaz na solución e mellora da calidade de vida das persoas de acordo coa diversidade funcional que as caractariza.
|
|
|
|