Sesión maxistral |
O profesor explicará contidos básicos da materia mediante exposicións orais complementadas con medios audiovisuais e preguntas dirixidas aos estudantes, ca finalidade de transmitir coñecementos e orientar a aprendizaxe. |
Lecturas |
O/a estudante realizaraas sobre aspectos do temario da materia. O profesor poderá seleccionar as lecturas máis oportunas de entre a bibliografía da materia. |
Proba mixta |
Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre a economía española. Trátase dos exames oficiais da materia, durante os períodos de exames. Avaliarase o coñecemento dos contidos teóricos e prácticos da materia. Poderá conter unha pregunta onde o/a alumno/a deba expoñer un tema co apoio de datos sobre variable/s relevante/s do programa. Tamén poderá haber preguntas de resposta breve, de resposta múltiple, prácticas etc. |