Plan de continxencia |
1.Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos, pois son necesarios para a formación dos estudantes que escollan esta materia.
2. Metodoloxías
Este mestrado contempla na memoria de verificación dúas modalidades: presencial e semipresencial. Para acceder á modalidade semipresencial os estudantes teñen que demostrar que cumplen uns requisitos (residencia lonxe da Coruña, contrato laboral que imposibilita a asistencia presencial continua, etc.) que xustifican a sua ausencia de parte das actividades presenciais. Para o ensino semipresencial os profesores proporcionan materiais adicionais.
Ante a actual incerteza a causa da Covid-19, pódense dar tres situacións:
A- Acceso á Facultade permitido nun horario e aforo como os de antes da pandemia. Nese caso manteriase a modalidade presencial para a maioría dos alumnos e a semipresencial para os que cumplan os requisitos correspondentes, e decir, como nos anteriores cursos.
B- Acceso á Facultade restrinxido en horario ou aforo. Nese caso todos os alumnos pasarían á ,modalidade semipresencial.
C- Acceso á Facultade totalmente prohibido no segundo cuatrimestre. Nese caso a docencia sería totalmente non presencial.
*Metodoloxías docentes que se manteñen
No caso A, todas.
No caso B só as contempladas na modalidade semipresencial.
No caso C, todas as actividades desenvolveríanse on-line, poñéndose a disposición dos estudantes materiais ad hoc xerados polos profesores.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso do correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams.
4. Modificacións na avaliación
No caso A, avaliación presencial para a modalidade presencial e on-line para a modalidade semipresencial. Nos casos B e C, avaliación on-line (Moodle e outras ferramentas institucionais).
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
No caso A e no caso B, ningunha. No caso C: se fose posible libros e artigos alternativos e/ou adicionais en formato electrónico aos que se puidera ter acceso dende o inicio dese cuatrimestre (condicionado a que se publiquen en aberto nos vindeiros meses ou haxa suscripción institucional), e en calquera caso materiais adicionais ad hoc xerados polos profesores.
|