Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Física e Ciencias da Terra Química
Coordinación
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
m.soto@udc.es
Profesorado
Domínguez Pérez, Montserrat
Soto Castiñeira, Manuel
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
m.soto@udc.es
Web
Descrición xeral
Este módulo forma parte do Programa Oficial de Posgrao de Ciencia, Tecnoloxía e Xestión Ambiental (CTXA) como asignatura optativa e ten por obxectivo introducir ao/á alumno/a na problemática dos residuos, a súa xestión e as tecnoloxías de tratamento.
Plan de continxencia
En caso dun escenario de non presencialidade por un novo abrocho da pandemia do COVI, levaranse a cabo as seguintes adaptacións na docencia e na avaliación.
Metodoloxía docentes que se modifican:
• Prácticas de laboratorio: substituiranse as prácticas presenciais por traballo online sobre sistemas e materiais de xestión de residuos (visita virtual a Nostián, visita virtual aos sistemas de xestión de residuos e compostaxe na UDC, Exposición “O lixo na UDC - Modelo Nostián”) e a súa análise crítica, durante sesións de traballo online.
• Saídas de campo: faríase unha visita virtual á Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA) que se acompañaría con vídeos explicativos do funcionamento das instalacións. Os alumnos farán unha análise crítica desa información e terán que completala con información adicional através do emprego de diferentes fontes bibliográficas, sacando conclusións. Elaborarán unha memoria do traballo.
• Proba obxectiva: seguirase a mesma metodoloxía, a única diferenza será que a proba farase empregando o Moodle.
• Sesión maxistral e seminarios: a metodoloxía sería a mesma empregando como canle de comunicación o Teams.
Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
• Emprego de Moodle, correo electrónico e Teams
Modificacións na avaliación:
• Saídas de campo: elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do apartado, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%.
• Prácticas de laboratorio: A participación nas actividades online e a elaboración dunha memoria conforme aos aspectos formais básicos puntuará un 50% do total desta metodoloxía, e a calidade da memoria puntuará o restante 50%.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías