Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Química
Coordinación
Canle López, Moisés
Correo electrónico
moises.canle@udc.es
Profesorado
Canle López, Moisés
Correo electrónico
moises.canle@udc.es
Web
Descrición xeral
Os contidos da materia "Elucidación de Mecanismos de Reacción" orientanse a complementar coñecementos previos dos estudos de Grao. Polo xeral, os mecanismos de reacción se propoñen para os procesos químicos sn indicación das evidencias experimentais que conducen a dito mecanismo en lugar de outros posibles, e cómo se obteñen ditas evidencias.
Non é habitual enfrontar a planificación dunha investigación sobre cómo teñen lugar os mecanismos de reacción. Esta materia aborda este problema dende un punto de vista práctico. Hai unha variedade de técnicas, evidencias directas e indirectas que permiten elucidar o mecanismo de reacción dun proceso químico.
A reactividade química é central para os procesos de cambio na natureza, e coñecer os distintos mecanismos de reacción é fundamental para controlar os procesos químicos, tanto do punto de vista cinético como do termodinámico ou dos produtos de reacción xerados.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Só no caso dunha continxecia que impida a impartición presencial, manteranse os contidos, que serán impartidos por videoconferencia. No caso das prácticas, serían substituidas por estudos de casos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas. Só no caso dunha continxencia que impida a impartición presencial, a avaliación realizaríase a distancia.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se prevén modificacións, salvo a indicada no apartado anterior, referida á posibilidade de substituir prácticas por estudos de casos (só no caso de continxencia que impida a presencialidade)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías co profesor a demanda (previa solicitude por correo electrónico).
4. Modificacións na avaliación
Só no caso de contixencia que impida a presencialidade, realizaríase a avaliación telemáticamente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se prevén.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías