Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Historia Económica Código 611G02002
Titulación
Grao en Administración e Dirección de Empresas
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Coordinación
Maixe Altes, Joan Carles
Correo electrónico
carlos.maixe@udc.es
Profesorado
Maixe Altes, Joan Carles
Martinez Lopez, Alberto
Miras Araujo, Jesus
Correo electrónico
carlos.maixe@udc.es
alberte.martinez@udc.es
jesus.miras@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia pretende dous obxectivos primordiais. Por un lado, coñecer as transformacións económicas que conduciron ao mundo contemporáneo á situación actual. Partindo da preponderancia europea e occidental na economía mundial, buscamos as bases dese liderado, sen facer táboa rasa do resto do mundo. Por outro lado, analizar a evolución económica de España no longo prazo, tomando como punto de inicio as condicións determinadas pola crise do Antigo Réxime, para despois determinar o marco xeral do crecemento económico español contemporáneo. Desenvolvemos o temario baixo unha dobre perspectiva, cronolóxica e espacial. Para elo, analízase o impacto da expansión europea no resto do mundo durante os séculos modernos, na que España tivo un rol sobresaínte, aínda que con importantes contrastes, sobre todo de carácter rexional; as consecuencias da industrialización europea na economía internacional no século XIX, incluído o insuficiente impacto sobre a modernización da economía española; e, finalmente, as tensións dun século de globalización, o XX, que para España significou unha loita –non sempre exitosa– por achegarse aos ritmos socioeconómicos europeos. Así mesmo, pese ao contido xeneralista da materia, prestarase especial atención á análise da evolución da empresa nos dous últimos séculos, e ao estudo das relacións entre a empresa e o crecemento económico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se produciron cambios en relación co contido e o programa da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Uso da plataforma Moodle de Historia Económica: materiais dispoñibles para o traballo personalizado do estudante, incluído o material audiovisual gravado coas sesións en liña do curso. *Metodoloxías docentes que se modifican Incorpórase o material audiovisual gravado coas sesións en liña do curso. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramentas: Moodle/Email/Teams Temporalización: Horario de titorías, semanal, de cada profesor. 4. Modificacións na avaliación Avaliación continua (60%): corresponde á avaliación continua tradicional. Exame final (40%): Primeira parte (en liña, proba de tipo test sobre o conxunto das ensinanzas: 20%); Segunda parte: exame escrito en liña (preguntas relacionadas con cada tema, correspondente a exercicios prácticos, lecturas obrigatorias ou aspectos de contido impartidos na materia): 20% *Observacións de avaliación: a) Cualificación de non presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% da nota final, independentemente da nota acadada. b) Segunda oportunidad: Na segunda oportunidade, os criterios de avalación serán os mesmos que na primeira, aínda que aqueles alumnos que non enviaron no período correspondente algunha das tarefas da avaliación continua do primeiro cuadrimestre, poderán envialas nunhas datas determinadas a tal efecto. c) En condicións de avaliación: Está prohibido acceder á sala de exames con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e / ou o almacenamento de información. d) Identificación do alumno: O alumno deberá acreditar a súa identidade segundo a normativa vixente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía; Lecturas recomendadas, acceso directo en Moodle: Feliú i Montfort, Gaspar y Sudrià, Carles (2013): Introducción a la historia económica mundial [Recurso electrónico: http://kmelot.biblioteca.udc.es/search~S1*gag?/tintroduccion+a+la+historia+economica+mundial/tintroduccion+a+la+historia+economica+mundial/1%2C3%2C4%2CB/frameset&FF=tintroduccion+a+la+historia+economica+mundial+recurso+electronico&1%2C1%2C/indexsort=-], Valencia: Universitat de València,2ª ed. Luis Julio Tascón Fernández, Misael Arturo López Zapico (2012): Historia Económica, Biblioteca Nueva, Mundial [http://sfx.bugalicia.org/aco?sid=III:innopac&pid=id=9788499405254]. Manuais de acceso libre de distintas materias: en formato e-libro [https://udcgal-my.sharepoint.com/:b:/g/personal/maria_parga_udc_es/EfEqcB2Bo4RIoUMpMcuiIHIBwOx6CQIlFm8cog4OYdWVYg?e=KcTfao] Acceso a e-libro plataforma [https://www.youtube.com/watch?v=TEUk4DT588o&t=12s] Nueva Historia de Las Grandes Crisis Financieras [https://scholar.google.es/scholar?hl=es&as_sdt=0%2C5&q=Nueva+historia+de+LAS+GRANDES+CRISIS+FINANCIERAS&btnG=] Spanish Economic Growth, 1850–2015 [https://scholar.google.es/scholar?hl=es&as_sdt=0%2C5&q=Spanish+Economic+Growth%2C+1850%E2%80%932015&btnG=] Google Académico [https://scholar.google.es/schhp?hl=es&as_sdt=0,5]
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías