Trátase de que o alumnado adquira o coñecemento e a perspectiva da actividade económica como un subsistema integrado dentro do sistema global da sociedade, entendida esta como un corpo xeral ou en conxunto, cos seus correspondentes partes integrantes, entre elas as correspondentes ás accións económicas, coas súas correspondentes finalidades específicas e comúns. Nesa visión global ou de conxunto, trátase de dar a coñecer o que o alumnado entenda as conexións, implicacións, reciprocidad e reflexividad da actividade económica dentro da actividade xeral da sociedade. Que o alumnado teña o máis claro posible o papel da actividade económica no escenario conxunto da sociedade.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos; Non se realiza cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen;Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican:Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a
metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate
6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do
alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
1.- As practicas o 60%será el mismo,
2. Traballos tutelados (40%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
? A profundidade do contido.
? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
? A presentación e a claridade da exposición
*Observacións de avaliación:(Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a
materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.)
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo
presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
a) Elaboración e presentación dos traballos en grupo e individual (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN
AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
a) Elaboración e presentación dos traballos en grupo e individual (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías