O estudo desta materia permitirá o alumno coñecer as institucions básicas que xiran en torno ao empresario e o seu estatuto xurídico así como os instrumentos xurídicos a través dos que se leva a cabo o exercicio da actividades empresarial e as normas que regulan e protexen dita actividade; en particular, a materia abarca o estudo das sociedades mercantis, os contratos e os títulos cambiarios, a protección da competencia e da propiedade industrial así como os mecanismos destinados a resolver as situacións de insolvencia das empresas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
Sempre que as condición o permitan manteránse as metodoloxias de sesión maxistral, traballos tutelados e realización de prácticas na aula.
Metodoloxías docentes que se modifican
No caso de que se suspendan as sesións presenciais, as mesmas manteranse mediante forma online mediante videollamadas, ou plataformas dixitais tipo Skipe, Moodle o Zoom.
Do mesmo modo, os traballos tutelados realizaranse mediante comunicación mediante correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para
resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos
asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros
de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se
pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
4. Modificacións na avaliación
Manterase o criterio de avaliación, 40% o exame, 30% as practicas na aula (que faranse mediante entregas vía correo electrónico) e 30% os traballos tutelados.
Para superar a asignatura deberá obtener un mínimo do 50% da puntuación total entre o examen, as practicas e os traballos tutelados.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira
dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías