Esta materia está enfocada á análise da toma de decisións en materia de financiamento empresarial e de investimento financeiro.
É complementaria das materias "Teoría do Investimento", do curso anterior, e "Planificación Financeira", do curso seguinte. No conxunto das tres trátanse os temas máis importantes da dirección financeira da empresa.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: ningunha.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: todas.
*Metodoloxías docentes que se modifican: adáptanse todas a formato virtual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: contémplase o seu desenvolvemento online en calquera escenario, incluído o presencial.
4. Modificacións na avaliación: cando sexa necesario levarase a cabo a través de Teams e Moodle.
*Observacións de avaliación: mantéñense.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías