Tecnicas para a analise estructural de sectores industriales, o posicionamiento competitivo e a formulación de estratexias empresariales en distintos entornos sectoriais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
a. – Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen Indica as metodoloxías previstas que se manteñen.
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida (computa na avaliación)
– Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación)
– Atención personalizada Metodoloxías docentes que se modifican Indica as metodoloxías que decaen, que se modifican e as que se incorporan (coa a súa descrición).
– Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados”)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Indica as ferramentas empregadas (Moodle, Teams, etc.). Para cada unha, indica a temporalidade (por exemplo a frecuencia semanal de realización) e descrición de como se desenvolve.
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Teams: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
Teams: De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación Indica como queda a avaliación unha vez aplicadas as modificacións, sinalando a metodoloxía (% no peso da cualificación) e a súa descrición. Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
? A profundidade do contido.
? O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas socioeducativas.
? O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
? A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
? A presentación e a claridade da exposición.
Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
? As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
5. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
-Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
- A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías