Dende o punto de vista de un titulado en Administración e Dirección de Empresas e en relación co Sistema de Información Empresarial, os obxectivos da materia son:
1. Coñecer o seu ciclo de vida.
2. Coñecer, a través de casos prácticos, como elaborar os requirimentos do SIE.
3. Coñecer as ferramentas para o seu deseño.
4. Coñecer software de apoio ao deseño.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: ante a eventual imposibilidade de desenvolver a docencia de xeito presencial, os contidos da matéria non se verán modificados.
2. Metodoloxías: ante a eventual imposibilidade de desenvolver a docencia de xeito presencial, as metodoloxías docentes manteránse en remoto, ó traveso de Microsoft Teams, Moodle e/ou plataformas similares.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: manténse o email como mecanismo de contacto. Os foros de Moodle continuarán a ser usados para dúbidas e consultas de tipo xeral. Usaráse algunha plataforma de videoconferência (Microsoft Teams, Skype) para a tutela individual do alunado.
4. Modificacións na avaliación: os critérios de avaliación non se verán alterados, ante a eventual imposibilidade de desenvolver a docencia de xeito presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: ningunha modificación ante a eventual imposibilidade de desenvolver a docencia de xeito presencial.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías