Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos:
Non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Actividades inicias, Lecturas
*Metodoloxías docentes que se modifican:
O Obradoiro e a Sesión maxistral desenvolveranse ben a través de Moodle (mediante presentacións, lecturas e exercicios), ben a través de Teams. A asistencia a un evento será sustituída por a audición dalgunha conferencia ou o visionado dalgún evento o documental en internet. Proba mixta: no caso de ser imposible a súa realización de maneira presencial, levarase a cabo unha proba síncrona, que o alumnado fará a man en papel e da que subirá unha foto a Moodle para a súa avaliación.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Correo electrónico; videochamada, previa solicitude de cita, a través de Teams (terá lugar no horario de titorías).
4. Modificacións na avaliación: mantéñense as actividades e as porcentaxes, , únicamente cambia, de ser preciso, o modo en que se desenvolve a proba mixta e a maneira en que se entrega, aspecto este que afecta tamén á entrega de exercicios do obradoiro, do resumo do evento e do traballo, que se subirán á plataforma Moodle.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non hai modificacións na bibliografía, aínda que, de ser o caso, cómpre proporcionar os elementos básicos de consulta a través de Moodle, se os estudantes non puidesen acceder á Biblioteca
|