Este curso céntrase nun duplo proceso de recepción. Por unha banda, o das fontes clásicas e tardoantigas nos textos programáticos do humanismo renacentista italiano; por outro, a influencia destes manifestos italianos nos textos programáticos do humanismo castelán.
Plan de continxencia
1. Modificacións dos contidos
Os contidos do curso manteranse de acordo coa programación da guía docente, que se verá ampliada e complementada co programa do curso que se entregará aos estudantes na primeira sesión, xa sexa en formato papel ou en dixital. Os materiais necesarios para realizar o curso deixaranse no servizo de reprografía e, en caso de pasar ao formato non presencial, compartiranse a través de Microsoft Teams. Non hai, por tanto, ningunha modificación nos contidos.
2. Metodoloxías
Metodoloxías previas que se manteñen
- Sesión maxistral
- Presentación oral
- Traballos tutelados (computa na avaliación)
- Atención personalizada
Metodoloxías docentes que se modifican
Seminario. Será realizado ben a través de Teams, con presentacións xerais e breves lecturas complementares, en sesións síncronas ou asíncronas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico. Diariamente.
- Teams. Diariamente. Prefírense as consultas polo chat desta plataforma.
- Teams. Unha (1) sesión semanal grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Incluénse as presentacións dos alumnos a través de Teams. Unha (1) sesión semanal con o grupo para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados” (dependendo do número de estudantes, poderán dividirse os grupos).
- Teléfono. En circunstancias especiais nas que o estudante non teña acceso a ferramentas informáticas e só até que se solucione a situación.
4. Modificacións na avaliación
- 10% asistencia e participación nas sesións maxistrais online.
- 30% presentación dun dos textos do curso (individualmente ou en grupo)
- 60% Ensaio final.
5. Modificacións dá bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios. Todos os materiais facilitaranse a través da Wiki de Microsoft Teams en combinación con Sharepoint.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías