Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 Participación e desenvolvemento dos traballos dentro dos seminarios, incluíndo os tests escritos de cada unha das lecturas do curso. 25
Proba mixta A1 A2 A8 A16 B5 B7 Proba de preguntas teóricas do aprendido durante o curso e de comentario e análise de textos. 50
Traballos tutelados A1 Un traballo SEMPRE INDIViDUAL puntuable sobre as lecturas e os contidos da asignatura, de 6 páxinas de lonxitude. O profesor, salvo indicación contraria, avaliará o traballo escrito cunha proba oral. 25
 
Observacións avaliación

Os estudantes deben completar as lecturas propostas (ver listaxe de contidos do programa) sempre antes de que sexan analizadas ou comentadas en clase, para que a interactividade e o debate sexa posible. Igualmente, o profesor poderá establecer un test ou unha proba de lectura, que se realizará sempre na clase, sobre cada unha das lecturas en curso, xa sexa nese momento ou máis tarde de que esas obras se traballaran na aula. As lecturas son obligatorias e todas elas serán avaliadas de xeito individual. As lecturas e os seus tests respectivos forman parte da avaliación da asignatura, no apartado Seminario, como se indica enrriba destas liñas. Os traballos tutelados serán individuais, se realizarán fora da aula, terán unha extensión de 6 páxinas, e estarán escritos en inglés. Salvo indicación contraria, serán presentados polos alumnos oralmente, dun xeito individual, segundo a decisión do profesor. O traballo deberá ser entregado en tempo e forma antes de ser presentado oralmente, no seu caso, xunto coa presentación (PPT).

O exame escrito completará a avaliación da materia. 


Na oportunidade de xullo os alunos/as realizarán un traballo sobre os textos de estudo (50% da nota) e o exame (50% da nota). Aqueles alunos/as que o longo do curso presentaran traballos satisfactoriamente non teñen que presentar ningun traballo adicional, agás que o indique o profesor específicamente. 

Os alumnos/as que non se presenten ás probas obxectivas da primeira ou segunda oportunidade acadarán a cualificación de Non Presentado. 

Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade de xullo.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

Sobre o plaxio

Os traballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais localizados en Internet.