Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Inglesa 1 | Código | 613G03010 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A6 A7 A9 A10 A11 A15 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C2 C4 C7 | Consistirán en dúas redaccións argumentativas breves escritas en clase nas que cada estudante demostrará a súa habilidade para interpretar textos de xeito independente e para escribir análises ben organizadas, coherentes e cohesionadas, así como a súa capacidade no uso da lingua inglesa. | 40 |
Discusión dirixida | A2 A6 A7 A9 A11 A15 B4 B5 B7 B8 B10 C2 C4 C7 | É obrigatorio facer as lecturas asignadas para cada día e resolver as posibles dúbidas de vocabulario antes de ir a clase. O/A estudante que non teña feitas as lecturas antes das clases deberá facelo na aula, perdendo a oportunidade de participar nas actividades da clase e de obter a puntuación que estas outorguen. As actividades de clase poden consistir en exercicios orais e escritos, individuais ou en grupo, tales como facer resumos, análises, debatir, interpretar, identificar, etc. |
20 |
Proba mixta | A1 A2 A3 A6 A7 A9 A11 A15 B3 B4 B7 B10 | No exame final o alumnado deberá demostrar o seu dominio dos contidos teóricos e das destrezas practicadas nas aulas. Este exame consistirá en preguntas breves (p. ex., definicións de termos críticos e períodos, identificación de fragmentos dos textos estudiados, análises, etc.). | 40 |
Observacións avaliación | |||
• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións, que se realizarán na data oficial do exame final:
• Un aprobado obtense a partir dunha nota de 5 sobre 10. Sen embargo, na primeira oportunidade de avaliación, deberase obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na “Proba mixta” para poder superar a materia. Na segunda oportunidade, deberase obter esta mesma nota mínima na sección 1 da avaliación. • O alumnado terá a posibilidade de obter ata un punto extra para sumarllo á súa nota final de curso. Darase máis información na aula e a través de Moodle ao principio do cuadrimestre. • Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%. • O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo. • O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. • O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos. |