Desde fai varios anos, o uso de arquitecturas de computación paralelas foi un aspecto fundamental que permitiu o desenvolvemento de importantes áreas en múltiples campos da ciencia básica e aplicada. Con todo, o elevado custo dos sistemas paralelos tradicionais limitou o seu uso practicamente a grandes industrias e centros de investigación. Hai tempo que o uso de redes de computadores de baixo custo, así como a computación usando infraestruturas conectadas a través de Internet, representa unha alternativa práctica e barata aos grandes sistemas. Así, a Computación na Nube (Cloud Computing) xurdiu como un paradigma de computación distribuída que cambia o modo no que usamos os computadores, permitindo o acceso transparente, seguro e barato a enormes recursos computacionais desde calquera lugar do mundo.
O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer o modelo de Cloud Computing, e como o mundo da Computación de Altas Prestacións pode utilizar o cloud para afrontar problemas que, ata o momento, estaban restrinxidos á súa resolución en grandes supercomputadores. Veranse diferentes exemplos de como é posible resolver problemas do ámbito da Computación de Altas Prestacións utilizando servizos e recursos distribuídos accesibles na nube.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizaron cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha. A materia xa está deseñada para permitir tanto o seguimento presencial coma o seguimento a distancia, polo que non require modificacións para a súa adaptación a unha situación de non presencialidade.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Comunicación asíncrona baixo demanda (correo electrónico, mensaxería instantánea, videochamada)
Comunicación síncrona semanal nos horarios de docencia oficiais ou, excepcionalmente, en horarios acordados previamente co alumnado (videoconferencia)
Aloxamento dos contidos do curso (materiais, vídeos, bibliografía, foros, etc.) nunha plataforma de teleformación con actualización típica semanal
En cada caso usaranse as ferramentas apropiadas que sexan recomendadas pola coordinación do mestrado (p.e. Teams, Slack, Moodle, Aula Cesga, Stream)
4. Modificacións na avaliación
Ningunha
*Observacións de avaliación:
Mantéñense os mesmos criterios e porcentaxes de avaliación indicados na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizaron cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías