A Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos constitúe un dos procesos "clave' no desenvolvemento sustentable de calquera actividade e/ou destinación turística.
Nesta materia o alumno ten a oportunidade de pór en práctica, os métodos e as ferramentas da Planificación, Xestión e Comercialización de destinos e produtos turísticos no espazo litoral e de cruceiros.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
No suposto caso de que haxa que dar continuidade á actividade académica a través da non presencialidad, todos os alumnos matriculados na devandita modalidade, pasarán a seguir a materia en réxime non presencial. Para iso, habilitaranse os contidos e sesións previstas a través das plataformas do Campus Virtual da Universidade, de acordo en todo caso coas condicións que as posibles Resolucións Reitorais establezan en cada caso. Igualmente o sistema de avaliación neste caso será non presencial, polo que as presentacións, entregas de traballos e exames previstos serán non presenciais en calquera caso.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican as metodoloxías, alén dos cambios indicados no apartado anterior.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Habilitaranse os contidos e sesións previstas a través das plataformas do Campus Virtual da Universidade, actualmente, Correo electrónico, Moodle,Teams, de acordo en todo caso coas condicións que as posibles Resolucións Reitorais establezan en cada caso.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán cambios na avalición da materia.
*Observacións de avaliación:
O alumnado que non seguira a avaliación continua ao longo do cuadrimestre poderá presentarse á segunda oportunidade, na que se realizará unha proba mixta, sendo a nota final da materia o 80% da nota obtida nesta proba.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
A bibliografía será facilitada polo profesor o longo do curso
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías