Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de saúde e termal
Código
615524015
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Meijide Failde, Rosa
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
Profesorado
Meijide Failde, Rosa
Rodríguez Carro, Carlos
Correo electrónico
rosa.meijide.failde@udc.es
carlos.rodriguez3@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia estúdanse os aspectos mais relevantes relacionados co turismo de saúde. Estúdase o turismo de saúde incluíndo o turismo médico dando unha visión da súa actualidade mundial. O alumno será quen de identificar os diferentes productos e destinos do turismo de saúde. Tratarase asimesmo o turismo de saúde vinculado aos espazos litorais
Antes de comezar o curso se entregará o seguinte material:
- Presentacións explicando os contidos da materia
- Criterios a seguir para a evaluación
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral
Lecturas
Recensión bibliográfica
Traballo tutelado
Estudo de casos
Presentación oral
*Metodoloxías docentes que se modifican
Saída de campo (non se realizará. e as avaliacións destes coñecementos se incorporan á metodoloxía dos traballos tutelados)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente (de luns a venres). De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Diariamente (de luns a venres). Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de "foros temáticos" asociados aos módulos da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai "foros de actividade específica" para desenvolver as "Discusións dirixidas" a través das que se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams: 1 sesión en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos "traballos tutelados". Esta dinámica
permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do
alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Se modifica a avaliación da saída de campo incorporándoa á dos traballos tutelados.
*Observacións de avaliación:
Manterense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao computo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbera
presenciais ate o momento no que se suspendera a actividade presencial.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías