Planificación e xestión de destinos e produtos turísticos de patrimonio cultural e natural
Código
615524017
Titulación
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Híbrida
Prerrequisitos
Departamento
Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia Dereito Público Economía Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Crecente Maseda, Mario
Correo electrónico
mario.crecente@udc.es
Profesorado
Crecente Maseda, Mario
Correo electrónico
mario.crecente@udc.es
Web
Descrición xeral
Con este programa preténdese unha comprensión da diversidade das dinámicas culturais e as políticas patrimoniais tanto dende o punto de vista natural como cultural. Establécese como obxectivo prioritario a formación na planificación social e na xénese de modelos de proxectos socioculturais e turísticos para unha posta en valor dos bens patrimoniais nunhas estratexias de desenvolvemento socioeconómico, tendo en conta a valoración dos procesos identitarios. Reflexiónase tamén sobre as tendencias e os retos culturais que emerxen na nosa sociedade.
Tentarase tamén aproximar ós alumnos e alumnas á Interpretación do Patrimonio como disciplina ou ferramenta axeitada para conferir ese uso social que debe ter o patrimonio, de xeito que este poda ser percibido, e que produza unha actitude positiva do público visitante con respecto ó recurso. A Interpretación poderíase definir, tal como o fai a Asociación para a Interpretación do Patrimonio como a arte de revelar in situ o patrimonio ó público visitante no seu tempo de ocio.
Polo tanto, esta materia tratará de dotar aos alumnos do coñecemento científico e da metodoloxía precisa para a análise dos bens patrimoniais e o turismo , e o posterior desenvolvemento de políticas culturais e turísticas que leven a un maior coñecemento e conservación do patrimonio cultural e natural, a un incremento na satisfacción dos visitantes e a unha maior calidade de vida da poboación local.
Fontes multimedia elaboradas polos profesores (a disposición do alumnado en Moodle):
Presentacións en Power Point 1 e 2
Autor:José Leira
P1: Explicación xeral da materia
P2: Planificación e xestión de novos produtos e destinos turísticos de patrimonio cultural e natural
Ademáis, na plataforma Moodle, os profesores porán a disposición do alumnado unha serie de documentos en pdf para consulta voluntaria, de gran utilidade para complementar a materia ou o futuro profesional.
TRABALLOS
Os traballos propostos para esta materia, tal como se explica no apartado de avaliación, son dous.
Traballo do profesor Leira: consiste na lectura de catro breves textos propostos polo profesor, sobre os que os alumnos terán que facer unha recensión. Extensión máxima, 6 páxinas
Partes das que constará o traballo:
1-Breve resumo das lecturas
2-Comentario crítico final que relacione o contido dos textos coas posibilidades de deseñar un proxecto de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado nun turismo que se sinta atraido polos bens culturais e patrimoniais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
avaliacion cun traballo final
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías