Nesta materia se transmiten os coñecementos teóricos necesarios para a comprensión e coñecemento da ciencia sociolóxica, tanto no que se refire ao eido teórico como á súa aplicación ao eido empírico. Tamén pretende que os/as alumnos/as desenvolvan as competencias que lles permitan a comprensión da realidade social e a súa análise en clave teórica.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: as sesións maxistrais, lecturas, traballos tutelados.
*Metodoloxías docentes que se modifican: a presentación oral e a proba de ensaio serán cambiadas por un traballo teórico ou práctico compensatorio.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
Mail, teams, moodle no horario de titorías establecido na web a inicio de curso.
4. Modificacións na avaliación: 50% será unha proba teórica e o 50% unha ou varias probas prácticas.
*Observacións de avaliación: os traballos tutelados e a presentación oral que non poda ser realizada de forma presencial serán cambiadas por prácticas alternativas de carácter individual ou grupal dependendo do tema.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías