A Sociología do Xénero aporta un marco de interpretación da realidade social da que carecen outras materias, dado que a variable xénero identifica fenómenos sociais específicos que son imposibles de identificar dende outros marcos interpretativos da realidade.
Doutra banda, se está a abrir un novo espacio no mercado laboral que demanda técnicos e técnicas de igualdade, axentes de igualdade, etc. para os que a formación nesta materia é imprescindible.
Obxectivos específicos:
1. Lograr un marco cronolóxico que permita entender os estudos de xénero e o movemento feminista dende o inicio da modernidade (século XVIII) ata a actualidade (século XXI)
2. Analizar as aportacións conceptuais dos estudos de xénero e da teoría feminista e identificar os cambios producidos nas ciencias sociais cando as mulleres se convertiron en obxectos e suxeitos da investigación social.
3. Explicar que os efectos prácticos deste debate académico e da actividade política do movemento feminista se teñen traducido na creación e aplicación de políticas públicas de igualdade.
Plan de continxencia
No caso que mor do COVID19 teñamos que pasar de docencia presencial a docencia non presencial teranse en conta este plano de continxencia:
1. Modificacións nos contidos
Os contidos teóricos da materia pasarán a ser impartidos de forma dixital a través da Plataforma TEAMS. As clases terán unha duración máis reducida por cuestións pedagóxicas, e asignaranse, material complementario para a correcta comprensión da materia.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
– Sesión maxistral
– Discusión dirixida
– Traballos tutelados (con Atención personalizada)
– Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
– Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliacións deste coñecementos se incorpora a metodoloxía dos “Traballos tutelados” e leituras e reseñas de libros)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Dúas veces por semana. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Semanalmente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Unha sesión semanal en pequeno grupo, para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados e leitura e reseña de libros (100%): En relación con estas tarefas valorarase:
a) A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
b) A profundidade do contido.
c) O dominio das técnicas de investigación na elaboración da investigación
d) O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
e) A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
f) A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, salvo que se elimina a proba obxectiva (exame), e esta porcentaxe da nota da avaliación pasa a sumarse ás porcentaxes dos traballos tutelados e entregaranse dúas recensións de libros.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
(traballos tutelados e reseñas de libros (2).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique, e entregar as reseñas dos libros.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se producen modificacións na bibliografía da materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías