A materia de Socioloxía da Educación trata o feito social, histórico, político e cultural da educación. A educación non pode ser estudada coma un feito social illado, senón que se trata dun complexo fenómeno atravesado por cuestións tan amplas como poden ser a economía, a clase social, o xénero, a etnia, o poder, a diversidade cultural, a familia, a estratificación social, a desigualdade, os ideais pedagóxicos, as políticas educativas, etc. Por todo isto é preciso abordar a súa comprensión dun xeito holístico e sen esquecer as múltiples relacións e interaccións entre os niveis micro e macro sociolóxicos.
Para coñecer e analizar en profundidade estes temas, durante o desenvolvemento da materia formarase ao alumnado nos principais paradigmas teóricos da socioloxía clásica e contemporánea vencellados coa educación formal e tamén con contextos/articulacións informais: analizararemos criticamente o papel tradicional da escola como un axente e dispositivo socializador, reflexionaremos sobre as súas funcións e as súas posibles alternativas, e discutiremos as relacións entre a educación e a economía, a estratificación, os movementos sociais, a construcción das diferencias sexuais, a diversidade étnica, etc.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ante unha situación de excepción, os contidos non se verían modificados.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesión maxistral, Aprendizaxe colaborativa (traballos en equipo), Recensión bibliográfica, Proba de ensaio.
*Metodoloxías docentes que se modifican
A Sesión maxistral convértese nunha clase asíncrona gravada en Teams: os enlaces distribúense vía e-mail e as clases son subidas a Moodle; é complementada cunha titoría colectiva semanal para comentar interactivamente a clase teórica. A Aprendizaxe colaborativa se mantén, cunha modificación: o alumnado poderá optar por facer unha presentación telemática do seu traballo vía Teams, ou pola achega dun informe escrito; a proba de ensaio, en lugar de presencial será realizada vía Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Ademais do uso diario do correo electrónico, empregaranse as seguintes plataformas:
Moodle: Un día á semana súbense os materiais correspondentes (power-points, enlaces, lecturas e links ás clases e titorías colectivas).
Teams: Un día á semana grávase a clase asíncrona e distribúese vía Teams e vía Moodle ao alumnado. Un día á semana ten lugar unha titoría colectiva teórica, gravada en Teams e subida posteriormente a Moodle. Un día á semana ten lugar unha titoría colectiva e/ou unha sesión práctica gravada.
4. Modificacións na avaliación
Non se producirían cambios en canto á avaliación. Tan só mudaría a consideración da asistencia e participación do alumnado na aula, que pasaría a ser avaliado -nese apartado- soamente polas súas prácticas entregadas.
*Observacións de avaliación:
Para o alumnado de avaliación non continua e con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica aplicaranse as seguintes modificacións: celebrarase un exame cun valor total do 40%, e deberá ser entregada unha recensión bibliográfica (30%) e un traballo sobre os materiais audiovisuais distribuídos polo profesor (30%).
A maiores e de ser o caso, a materia adaptará a avaliación aos/as alumnos/as ADI segundo as recomendacións da Coordinación do PAT da Facultade de Socioloxía
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías