Descrición xeral |
A materia de Análise Demográfica é de formación obrigatoria para o estudantado de 3º do Grao en Socioloxía e consta de 6 créditos ECTS. Forma parte do módulo formativo en Poboación e Ecoloxía Humana que, segundo o Plan de Estudos do Grao en Socioloxía, oferta un total de 31 créditos ECTS que se reparten en tres materias de formación obrigatoria (de 6 créditos cada unha) e tres de carácter optativo (de 4,5 créditos ECTS cada una).
Deste xeito, a formación en estudios de poboación para os/as graduados/as en Socioloxía ten un carácter integral e continuado ao longo dos catro anos de carreira, cunha formación de carácter básico en poboación e análise demográfica (a través das materias de Teoría e Historia da Poboación –no 1º curso do Grao-, Análise Demográfica –en 3º curso- e Socioloxía Urbana e Ordenación do Territorio –tamén en 3º de Grao-), así como unhas materias complementarias, de carácter optativo, que serven de especialización nesta área de estudios. Trátase das tres optativas que, dentro do módulo de Poboación e Ecoloxía Humana, se imparten no cuarto curso da titulación: Socioloxía das Migracións, Proxeccións de Poboación, e Globalización, Medio Ambiente e Poboación.
Así pois, a materia de Análise Demográfica, en relación á formación de carácter teórico que recibe o alumnado no primeiro curso da titulación de Grao en Socioloxía, ten un obxectivo complementario ao desta materia e céntrase principalmente na aprendizaxe das ferramentas técnicas para realizar unha análise da estrutura e dinámica dunha poboación a través das principais taxas, índices e indicadores ao respecto. Ten, polo tanto, un carácter práctico e aplicado. |
Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas de laboratorio
- Portafolios do estudantado
- Sesións maxistrais
- Presentación oral (sería virtual)
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Presentación oral (realizaríase de maneira virtual)
- Proba obxectiva (de ser necesario, substituirase por un traballo tutelado)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: diariamente para consultas, dúbidas e seguimento das tarefas.
- Moodle: diariamente, segundo a necesidade do estudantado.
- Teams: 1 clase maxistral á semana, 1 clase práctica virtual á semana. 1 titoría por cada grupo á semana para apoio na realización dos traballos e prácticas.
4. Modificacións na avaliación
Manténse o mesmo sistema de avaliación, pero a presentación oral de lecturas se realizaría de maneira virtual e tamén a proba obxectiva se substituiría por un traballo tutelado.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
|