O Traballo de Fin de Grao (TFG) é unha materia obrigatoria do Plan de Estudos do Grao en Socioloxía da UdC que conta cun total de 12 ECTS. O Procedemento para a súa realización atópase na ligazón arriba sinalada. Esta Guía Docente describe os seus aspectos máis esenciais pero, debido ás peculiaridades do propio TFG que o diferencian do resto de materias, débese entender como un resumo do devandito Procedemento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Nos se modifican os contidos. En cambio, en canto á estrutura dos TFGs, flexibilizaríase de ser o caso en varios sentidos: (1) O traballo de campo podería desenvolverse telematicamente; de tal xeito, e se a planificación inicial vese afastada –por razóns xustificadas– do resultado final, o alumnado deberá indicalo no seu traballo xustificando os cambios finais. (2) Poderíanse desenvolver e potenciar traballos de profundización teórica, suplindo así as hipotéticas carencias que puideran devir dunha situación de excepción. (3) Tendo en conta todo o anterior e en función de cada circunstancia, o alumnado podería poñer maior énfase no deseño metodolóxico e non tanto na súa aplicación.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Non se modifican as metodoloxías docentes.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada, tanto por parte da Coordinación como por parte do profesorado responsable, será garantida a través das seguintes ferramentas: correo electrónico, Moodle, Teams.
4. Modificacións na avaliación
Non se contemplan modificacións na avaliación. O procedemento de avaliación seguiría sendo o inicialmente previsto. Como modificación máis importante cabe indicar que tanto o acto de Defensa como o Tribunal non serían celebrados presencialmente senón telematicamente, a través da plataforma Teams.
*Observacións de avaliación:
En calquera caso, de ser necesario por unha nova situación de confinamento, a Xunta de Facultade aprobará un procedemento extraordinario de TFG.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ante unha nova situación de excepción e ante a imposibilidade de acudir á biblioteca, o profesorado tratará de recomendar bibliografía ou webgrafía dispoñible dixitalmente en Internet.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías