Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Romero Cardalda, Juan Jesus
Correo electrónico
juan.romero1@udc.es
Profesorado
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
O audio e a música son dous compoñentes fundamentais na comunicación audiovisual. Nesta materia facilitarase ao alumno coñecemento e experiencia nos múltiples procedementos e medios técnicos empregados na creación, produción, edición e integración de audio e música en distintos produtos audiovisuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos da materia
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen e se impartirán presencialmente ou en linea en función da situación
Sesións maxistrais
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio: realizaranse a explicación da materia adaptada á comunicación en liña
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Utilizarase a ferramenta Moodle con normalidade, onde se engadirá todo o material necesario para poder desenvolver con normalidade o curso.
Tamén se empregará a ferramenta Microsoft Teams para realizar reunións semanais mantendo o horario da materia. Ademais, terán lugar a través desta ferramenta as titorías semanais colectivas e/ou individuais que se acorde co alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense o material de referencia empregado
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías