A materia pretende formar ao alumnado na evolución histórica, con perspectiva xeopolítica, social e cultural, da industria do videoxogo e a animación, desde os comezos de ambas ata a época actual; adquirindo ao final da mesma un coñecemento básico dos creadores e obras de referencia de cada época e área xeográfica, así como dos avances técnicos nos que se fundamenta o seu desenvolvemento.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai modificacións.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais síncronas e asíncronas e realización dos traballos fóra da aula.
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións interactivas presenciais pasan á modalidade non presencial, síncrona ou asíncrona.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail.
4. Modificacións na avaliación
Non hai modificacións, manténdose, particularmente, a necesidade de aprobar ambas partes da materia (teoría e práctica) para facer media e aprobar definitivamente a asignatura.
*Observacións de avaliación:
O examen final da materia, no caso de que non se poda realizar presencialmente, consistirá nunha proba online, realizada na data oficial de exame que fixe a Facultade, que combinará preguntas tipo test con outra/s de redacción, respostadas en directo, cun tempo máximo taxado, a través de Moodle e/ou Microsoft Teams. Ao igual que na modalidade presencial, cada pregunta do test respostada correctamente suma x puntos e cada unha das erradas resta ½ x, é dicir, dúas falladas anulan unha acertada; as non contestadas nin suman nin restan. Cada falta de ortografía (incluídos acentos) desconta 0,5 puntos da nota global e con tres faltas non se corrixirá o exame.
Para a realización da proba habilitarase unha reunión específica de Microsoft Teams á que todos os alumnos/as deben estar conectados na hora exacta de comezo do exame (recoméndase unirse con suficiente antelación), non podendo sumarse ninguén unha vez se inicie este. Desde o inicio ata o final do mesmo, cada alumno/a manterá activo o seu micrófono e a súa cámara web, a fin de garantir a correcta supervisión por parte do profesorado. Toda a sesión será gravada e arquivada como proba da realización do exame.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios, pero, en todo caso, facilitaranse fontes bibliográficas e audiovisuaies online específicas.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías