Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Proxecto da Paisaxe 1 Código 630G03010
Titulación
Grao en Paisaxe
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo
Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
García Fontán, Cristina
Correo electrónico
cristina.garcia.fontan@udc.es
Profesorado
García Fontán, Cristina
Gonzalez Harguindey, Javier
Nardiz Ortiz, Carlos
Rodriguez Blanco, Emilio
Correo electrónico
cristina.garcia.fontan@udc.es
javier.harguindey@udc.es
carlos.nardiz@udc.es
emilio.rblanco@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia está dedicada á análise paisaxística, será onde se estableza un primeiro contacto coa cartografía e a súa construción e o manexo de escalas, dimensións e fontes documentais. Esta materia forma parte do taller 1 xunto coas materias Bioloxía das plantas e Sistemas de Información xeográfica 1
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizan cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Actividades iniciais - Sesión maxistral - Obradoiro - Lecturas *Metodoloxías docentes que se modifican - Saídas a campo (Incorporaranse a sesións de discusión dirixida sobre o lugar de intervención) 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos do obradoiro. – Moodle da USC: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as lecturas e os contidos das clases maxistrais, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. – Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificacións na avaliación Non se modifican as condicións da avaliación 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Mantense a mesma bibliografía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías